Ao servizo do noso colectivo
TesgaliciaProfesionais das emerxencias
ESTAMOS PARA AXUDAR

As túas dúbidas,
máis claras.

Información práctica para participar en Tesgalicia e comprar na tenda.

Como solicito a alta?

Completa o formulario de alta cos teus datos. A solicitude queda pendente de revisión e xéranse os avisos á directiva e a confirmación ao teu correo. O acceso á área privada require o pagamento obrigatorio de 45,00 € de cota e RC AMA, aprobación e activación pola directiva.

Como se calcula a cota dos dous primeiros anos?

O primeiro pagamento é de 45,00 € pola cota anual completa e o seguro RC de AMA. Na segunda anualidade descontaranse os meses non desfrutados do primeiro ano. O mes de alta conta como desfrutado; descontaranse os meses anteriores ao mes da alta. O desconto só se aplica á segunda anualidade.

Xa son socio. Teño que darme de alta outra vez?

Non. Contacta coa asociación para activar ou recuperar o acceso á túa ficha actual. Así evitamos duplicados.

Como accedo á miña área?

Entra en Área de socios co teu número de socio e contrasinal. Se aínda non tes acceso ou esqueciches o contrasinal, contacta coa directiva.

Podo recoller o pedido en Ourense ou Vigo?

Recollida nas sedes de Ourense ou Vigo, previa coordinación coa asociación. Escolle a sede ao facer o pedido. A sede quedará indicada na confirmación. Coordina coa asociación o lugar e o horario.

Canto custa o envío?

O importe calcúlase no resumo segundo a entrega, o destino e as tarifas vixentes. Podes revisalo antes de crear o pedido e continuar ao pagamento.

Como pago con tarxeta?

O botón de pagamento leva á páxina de Redsys / BBVA. Os datos da tarxeta introdúcense alí. O pedido só figura como pagado cando o banco confirma o pagamento.

Paguei pero aínda non aparece confirmado. Que fago?

Actualiza o estado desde a páxina do pedido. Non repitas o pagamento. Se non se actualiza, contacta coa asociación indicando a referencia.

É obrigatorio solicitar a inclusión en Telegram e nas redes?

Non. É unha opción voluntaria no formulario de alta. A directiva contactará contigo para xestionala; non se realiza unha incorporación automática.

Estamos preto de ti.Resolve as túas dúbidas sobre altas, acceso ou compras.
Centro de axuda →