Bolsa de Traballo
Oferta para Técnicos de Emerxencias Sanitarias
Os interesados en facilitar o seu Currículum para conseguir traballar como T.E.S. ou Xestores de Emerxencias, terán en conta as seguintes indicacións, e aceptarán as condicións que lles expoña TESGALICIA:
É necesario que o nome do arquivo sexa o seu nome e apelidos co DNI.
Ex.: C.V. Juan Preciado Estiven 0123456X TES
No PDF é recomendable engadir ao inicio unha carta de presentación.
Engade formación, información e demais detalles que consideren oportunos.
Formato PDF
*Enviando el archivo al mail de Tesgalicia das autorización a que Tesgalicia lo facilite a las empresas del sector, sin otro fin que el de facilitar el empleo de los TES.
Indicarán ademais:
1.- Data de envío do currículum
2.- En lugar destacado: se están en posesión da F.P. de T.E.S.
3.- Teléfono de contacto
4.- E-mail de contacto
5.- Como mínimo, provincias ou localidades de Galicia nas que están dispostos a desprazarse para un posto de traballo.
6.- Calquera característica, circunstancia ou detalle que poda axudar a Tesgalicia a facer un filtro inicial conforme a posibles peticións concretas das empresas, enviando así so os currículums que reúnan eses requisitos concretos. (Por exemplo: que so quere traballar no Servizo Non Urxente; ou que so quere traballar no Servizo Urxente; ou que non acepta traballar cun contrato en prácticas; ou que so quere traballar de Técnico Asistencial; etc.).
Se as empresa non solicitan nada en concreto, se lles enviarán tódolos currículums.
7.- Ante a posibilidade de que empresas de fora de Galicia podan poñerse en contacto con Tesgalicia, poderá indicarse se acepta mobilidade xeográfica polo Estado, ou as Comunidades Autónomas nas que aceptarían traballar.
Os que entreguen os seus currículums a Tesgalicia, autorizan expresamente a esta Asociación a ceder e enviar os currículums a calquera empresa de ambulancias o de xestión de Centrais de Emerxencias que llos soliciten, non tendo Tesgalicia ningunha vinculación, interese, parte ou trato con ningunha empresa, polo que tampouco é responsable dos acordos aos que podan chegar os interesados coas empresas.
Os interesados deberán enviar cada 4 meses un currículum actualizado (ou o mesmo se non ten nada que engadir), coa nova data actualizada de envío.
Os interesados, deberán enviarlle un e-mail a Tesgalicia (a: curriculum@tesgalicia.info ) cando teñan traballo e non queiran que o seu currículum sexa enviado a máis empresas, o se queren que sexa eliminado da Base de Datos de Tesgalicia. E, se o consideran oportuno, deberán solicitarlle ás empresas que se puxeran en contacto con eles ata o momento, que eliminen os seus datos. Os interesados aceptan que Tesgalicia NON ten a obriga de contactar con tódalas empresas para solicitarlles que eliminen os datos de ninguén.
Tesgalicia pasará a unha carpeta de "currículums sen actualizar" os que teñan máis de 4 meses e non se renovaran.
Tesgalicia, a petición das empresas interesadas, enviará os currículums dispoñibles da seguinte maneira:
1º.- Se lle facilitarán os dos socios de Tesgalicia.
2º.- Se precisan máis, se lle enviarán os demais.
3º.- Se continúan solicitando, se lle entregarán os que se atopan na carpeta "currículums sen actualizar".
O envío de currículums a Tesgalicia, significa a aceptación das condicións expresadas.
CONDICIÓNS DE TESGALICIA ÁS EMPRESAS QUE SOLICITEN CURRÍCULUMS
As empresas que soliciten currículums da Base de Datos "Bolsa de traballo" de Tesgalicia, solicitarannos por escrito (carta ou e-mail).
Poderán solicitar tódolos currículums actualizados dispoñibles; os que están sen actualizar, ou so os que cumpran uns requisitos determinados que a empresa necesite.
As empresas solicitantes se comprometen a custodiar conforme á Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal 15/1999, os citados datos.
Tamén se comprometen a eliminalos cando llo soliciten os interesados e autores dos mesmos.
As empresas de ambulancias o de xestión de Centrais de Emerxencias recoñecen que Tesgalicia non ten ningunha vinculación, parte ou trato con ningunha empresa, polo que tampouco é responsable dos acordos aos que podan chegar as empresas e os interesados en ser contratados, coa excepción de facilitar aos TES, TTS ou Xestores a conseguir un posto de traballo, mediante esta recompilación e cesión datos entre as partes.