Menú

Ébola

COMO ACTUAR A NIVEL ASISTENCIAL:

Os TES que acudan a un servizo que observen os seguientes síntomas:

Aparición súbita de febre, debilidade intensa e dores musculares, de cabeza e de gorxa, o cal vai seguido de vómitos, diarrea, erupcións cutáneas, disfunción renal e hepática e, nalgúns casos, hemorraxias internas e externas.

Deberán preguntar ó paciente se viaxiou a algún dos países con casos de Ébola.

 

 

Se é así ou se sospeita de posible caso de Ébola, comunicarase inmediatamente ó CCUS, deixaranlle unha máscara facial e retiraranse do domicilio sempre e cando non houbese ningún contacto entre TES e paciente. 

O CCUS valorará co epidemiólogo de garda a necesidade e a posta en marcha dos medios precisos.

 

NOTA: 

Os pacientes son contaxiosos mentres o virus esté presente no sangue e nas secrecions. O virus do Ébola atópase no  seme ata 61 días despois da aparición da enfermidade. En  caso de infección contraída nun servizo, o  período de incubación (intervalo dende a infección ata a aparición dos síntomas) oscila entre 2 e 21 días.

 

DOCUMENTOS DE INTERESE:

  • Orientación provisional para a prevención e control de infeccións na atención de doentes con febre hemorráxica por filovirus presunta ou confirmada en entornos de atención de saúde, con énfase no virus do Ébola 2014 Aquí
  • Enfermidade por virus do Ébola: Seguridade e Saude no Traballo Aquí
  • Como poñer os EPIS
  • Como quitar os EPIS

 

¿QUÉ É? 

O virus do Ébola causa no ser humano  enfermidade homónima (antes coñecida como febre hemorráxica do Ébola).
Os brotes da enfermidade polo virus do Ébola teñen unha taxa de letalidade que pode chegar ó 90%.
O virus é transmitido ó ser humano por animais salvaxes e propágase nas poboacións humanas por transmisión de persoa a persoa, por contacto estreito con órganos, sangue, secrecións ou outros líquidos corporais de animais infectados. En África téñense documentado casos de infección asociados á manipulación de chimpancés, gorilas, morcegos fruxívoros, monos, antílopes y porcoespiños infectados que se atoparan mortos ou enfermos na selva.
Posteriormente, o virus propágase na comunidade mediante a transmisión de persoa a persoa, por contacto directo (a través das membranas, mucosas ou de solucións de continuidade da pel) con órganos, sangue, secrecións, ou outros líquidos corporais de persoas infectadas, ou por contacto indirecto con materiais contaminados por ditos líquidos.
Considérase que os hóspedes naturais do virus son os morcegos fruxívoros da familia Pteropodidae.
Non hai tratamento específico nin vacina para as personas nin os animais.

 

CRITERIOS DE CASO SOSPEITOSO DE ENFERMIDADE POR VIRUS ÉBOLA (EVE):


1) Cadro de febre elevada de máis de 38º C,

2) A lo menos, dous dos seguintes síntomas:

  • Mialxias
  • Cefalea
  • Odinofaxia
  • Vómitos
  • Manifestacións hemorráxicas (exantema ou petequias, epistaxe, hemoptise, hematemese, melenas ou calquera evidencia de sangrado, externo ou interno).

3) A lo menos un dos seguintes antecedentes de posibles exposicións durante os 21 días previos ó inicio dos síntomas:

a) Estancia nunha das áreas onde teña habido casos de EVE .
b) Contacto con un caso (en investigación ou confirmado) ou cos seus fluídos corporais/mostras biolóxicas.

A identificación do posible caso sospeitoso confirmarase coa asistencia in situ do equipo de emerxencias (UVI móvil) ou do Equipo de Urxencias de Atención Primaria.

 

MANEXO DE CASOS SOSPEITOSOS: 

As medidas de control da infección para o manexo dos pacientes en investigación ou confirmados de EVE inclúen precaucións de contacto e de transmisión aérea.

Dende o primeiro contacto do caso sospeitoso co sistema sanitario, colocaráselle unha mascarilla cirúrxica e evitarase, na medida do posible, o uso de aerosois.

Manterase estrita adherencia ás prácticas universais de control da infección con hixiene das mans antes e despois do contacto co paciente. 

A osixenoterapia será preferentemente por catéter nasal.

Habilitarase unha bolsa de recollida para todos os elementos desbotables relacionados co enfermo.

Posto que non existe tratamento específico para a EVE, ante a sospeita de EVE débese iniciar tratamiento intensivo de soporte, co mantemento do equilibrio do balance de fluídos e electrolitos, volume circulatorio e presión arterial.

Están contraindicadas as inxeccións intramusculares, a aspirina, os antiinflamatorios non esteroideos e as terapias anticoagulantes.

É importante minimizar o uso de procedementos invasivos que poidan provocar o sangrado excesivo do paciente.

No medio extrahospitalario NON deben tomarse mostras de fluídos corporais.

O médico que atenda ó paciente comunicaráo por teléfono de forma inmediata á Sección de Epidemioloxía correspondente.

 

O EQUIPO DE PROTECCIÓN PERSOAL para o persoal de urxencias e emerxencias:

  • Luvas de nitrilo (empregar dobres luvas)
  • Mascarilla FFP2
  • Empregarase mascarilla FFP3: Se o persoal sanitario leva a cabo técnicas invasivas (IOT, Tubo de Tórax, SNG) ou en caso de aerosois.
  • Traxe de protección desbotable, impermeable, de manga longa e que cubra a roupa ata os pés,
  • Calzado impermeable ou calzas.
  • Protección ocular.

 

 

 

TRASLADO EN AMBULANCIAS:

En caso de traslado dun caso sospeitoso, éste deberá ser comunicado dende o 061 ó centro de destino co fin de que habiliten as medidas adecuadas dende o ingreso do paciente.
O personal que interveña no traslado do paciente debe ser previamente informado.
As ambulancias utilizadas deben cumplir coa normativa vixente en transporte sanitario por estrada debendo empregarse, preferentemente, as de Soporte Vital Básico ou de Soporte Vital Avanzado, segundo o estado do paciente, e sempre evitando as ambulancias denominadas colectivas pola falta de separación da cabina asistencial e da de conducción.
Evitar acompañantes (incluídos familiares) ou persoal en formación durante o traslado. A ventá practicable entre a cabina de conducción e a célula sanitaria debe ir pechada e asegurada.
 

LIMPEZA DAS AMBULANCIAS:

Tralo traslado do paciente, procederase á limpeza e desinfección da ambulancia e os  materiais.

O persoal de limpeza e os manipuladores da roupa deben usar EPIs adecuados ó manipular ou limpar material ou superficies contaminadas. 

Recoméndase a limpeza de superficies e materiais cun deterxente neutro, seguida por unha desinfección con axentes habituais como son:

  • Os derivados do cloro: hipoclorito sódico diluido en auga ó 1% a partir dunha solución de cloro activo ó 5%, ou 7 g/litro de lixivia en pó, en ambos casos para materiais contaminados con sangue ou secreccións corporais, superficies horizontais ou verticais. 
  • Alcohol etílico ou isopropílico ó 70% para superficies metálicas, de madeira ou delicadas, para as que a lixivia non resulta aplicable.

A roupa contaminada debe ser incinerada, tratada en autoclave, ou colocada en dobre bolsa con peche hermético no lugar de lavado e lavada urxentemente nun ciclo normal de auga quente con lixivia.

Os obxectos punzocortantes eliminaránse en recipientes duros seguindo a política de residuos infecciosos.

Todo o material non desbotable colocarase en bolsas para autoclave. O tipo exacto de descontaminación dependerá de cada equipo ou material concreto.

 

Bibliografía:
1. Organización Mundial da Salud (OMS). “Enfermedad por el virus del Ébola”. Nota descriptiva nº103. Abril de 2014. Disponible en:http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs103/es/

 

2. Normas de actuación para manejo Pre-hospitalario y transporte de pacientes sospechosos de Enfermedad por Virus Ébola (EVE). Consejería de Sanidad y Asuntos Sociales. Dirección General de Salud Pública, Drogodependencias y consumo. Castilla-La Mancha. Disponible en:https://attachment.fbsbx.com/file_download.php?id=522046901229307&eid=ASsa05YMMAvn792LyMZwhPXyJwClqGH7oHYNUo2kpM4bMirucRRl50e-ER2XqU1AR7w&inline=1&ext=1407236921&hash=ASueIWguqT4VjVRb