TES
Técnico en Emerxencias Sanitarias "TES"
É a denominación que se lle da ao título de formación profesional de grao medio que se imparte en España facendo referencia o artígo 4 do REAL DECRETO 1397/2007, do 29 de octubro, polo que se establece o título de Técnico en Emerxencias Sanitarias e se fixan as súas ensinanzas mínimas.
A figura do técnico é toda persoa posuidora do título de Formación Profesional de grado medio, que pode prestar atención sanitaria básica, axuda avanzada e psicolóxica no entorno da medicina prehospitalaria, realizar o traslado ao centro sanitario máis útil en función da súa gravidade, colaborar na organización e desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual, colectiva ou catástrofe e levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria nas distintas centrais de coordinación de emerxencias. O título de Técnico en Emerxencias Sanitarias, aínda que é só un ciclo formativo de grao medio de F.P., é o único título académico, ata a data, adicado á asistencia sanitaria a emerxencias extrahospitalarias, que existe en España.
En resumo o TES é a persoa que pode xestionar, coordinar e participar nunha emerxencia de carácter sanitario, sexa individual ou colectiva. Real Decreto 836/2012, do 25 de maio.
Documento PDF explicativo de que é un TES da Sociedad Española de Técnicos en Emergencias Sanitarias
As capacidades xerais que explicaremos máis abaixo son as desenvolvidas no transcurso de súa actividade son as seguintes:
Evacuar o paciente ou vítima utilizando as técnicas de movilización e inmovilización adecuando a conducción ás condicións do mesmo, para realizar un traslado seguro ao centro sanitario de referencia.
Aplicar técnicas de soporte vital básico (SVB) ventilatorio e circulatorio en situacións de compromiso e de atención básica inicial en outras situacións de emerxencia.
No transcurso do ciclo tamén se darán coñecementos en técnicas de soporte vital avanzado (SVA).
Colaborar na clasificación das vítimas en todo tipo de emerxencias e catástrofes (denominado Triaxe).
Prestar apoio psicolóxico básico ao paciente, familiares e afectados en situacións de crisis e emerxencias sanitarias, e tamén a tratar as propias posibles crises psicolóxicas do TES
Atender a demanda de asistencia sanitaria recibida nos centros xestores de tele-operación e tele-asistencia.
Axudar ó persoal médico e de enfermaría na prestación do soporte vital avanzado nos pacientes en situacions de emerxencia sanitaria.
Verificar o funcionamiento básico dos equipos médicos e medios auxiliares do vehículo sanitario.
Controlar e repoñer as existencias do material sanitario.
Estas ensinanzas inclúen os coñecementos necesarios para levar a cabo as actividades de nivel básico de prevención de riscos laborais.
¿Cáles son os ámbitos de actuación do TES?
Este profesional exerce a súa actividade no sector sanitario público ou privado, relacionado co traslado de pacientes ou vítimas e a prestación da atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de riscos previsibles do ámbito da protección civil.
As ocupacions e postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
Técnico de Emerxencias Sanitarias.
Operador de Teleasistencia.
Operador de centros de Coordinación de Urxencias e Emerxencias.