Recomendacións
Retirada de Luvas
Recomendación para retirar as luvas, está pensada tras a actuación en servizos con risco NBQ, pero recomendamos facelo no día a día do noso traballo, para que así cando realmente sexa imprescindible facelo nos saia de maneira instintiva.
ADVERTENCIA: Só as luvas coa norma ASTM F 1671-07 ou a ISO 16604:2004 protexen contra os virus da hepatite B, C e do VIH

Lembrade sempre suxeitar o paciente tanto en padiolas como nos asentos.
Recomendacións ERC 2005 desfibrilación PCR 
Uso seguro do osíxeno durante a desfibrilación
Nunha atmosfera enriquecida con osíxeno, as faíscas das pas do desfibrilador mal apoiadas poden producir lume . Hai moitos informes de lumes causados deste xeito e moitos produciron queimaduras de importancia ó paciente.
O risco de lume durante a reanimación pode minimizarse tomando as seguintes precaucións:
· Sacar a máscara de osíxeno ou lentes nasais e poñelas polo menos a 1 m do tórax do paciente.
· Deixar a bolsa de ventilación conectada ao tubo traqueal ou calquera outro dispositivo de vía aérea. Ou, doutro xeito, desconectar a bolsa do tubo traqueal (ou calquera outro dispositivo de vía aérea como a máscara larínxea, o combitubo ou o tubo larínxeo) e poñela polo menos a 1 m do tórax do paciente durante a desfibrilación.
· Se o paciente está conectado a un ventilador, por exemplo nunha unidade de coidados intensivos, deixar a tubuladura do ventilador (circuíto respiratorio) conectada ao tubo traqueal, salvo que as compresións torácicas impidan que o ventilador administre o caudal de volume axeitado. Neste caso, o ventilador substitúese habitualmente por unha bolsa de ventilación que podería así mesmo deixarse conectada ou desconectala e poñela a unha distancia de polo menos 1 m. Se a tubuladura do ventilador está desconectada, asegurarse de que está polo menos a 1 m do paciente ou, moito mellor, apagar o ventilador; os modernos ventiladores xeran fluxos de osíxeno masivos cando se desconecta a tubuladura.
Durante o uso normal, cando está conectado ao tubo traqueal, o osíxeno do ventilador nunha unidade de coidados críticos sería eliminada dende a carcasa do ventilador ben lonxe da zona de desfibrilación. Os pacientes na unidade de coidados críticos poden depender da presión positiva teleespiratoria (PEEP) para manter unha osixenación axeitada; durante a cardioversión, cando a circulación espontánea potencialmente permite ao sangue permanecer ben osixenada, é particularmente apropiado deixar o paciente criticamente enfermo conectado ao ventilador durante a administración do choque.
· Minimizar o risco de faíscas durante a desfibrilación. Teoricamente, cos parches autoadhesivos de desfibrilación é menos probable que se produzan faíscas que coas pas manuais. Aínda así recomendamos retirar da cara do paciente a mascarilla do balón auto-inchable no momento de dar descarga.
Colocación do Colchón de Baleiro
Non hai unha posición de dita válvula documentada. Tomando o uso no día a día vese que non hai inconveniente en colocala á cabeza do paciente, sempre e cando a válvula non sexa das que sobresaen.

Cando nos referimos a uso no día a día, temos en conta que o colocala cara a cabeza do paciente o TES evita ter que desprazarse polo vehículo para manipulala en caso necesario para regular o baleiro do colchón, e algo moi importante, evitaremos ter que manipular o aspirador por enriba do paciente. Deste xeito poderémolo usar case sen ter que desmontalo da súa base.
Por outra banda deberemos ter en conta que nos vehículos aéreos en Galicia (H3 e H4) por imposibilidade de maniobrar nada na parte inferior unha vez se despegue colocarase sempre o colchón coa válvula á cabeza do ferido.

Vista posterior H4 061 Base Ourense
Acceder ó helicóptero
Lembre acceder sempre pola parte dianteira e espere a que o rotor se deteña por completo. Fágase ver e vexa os pilotos,eles daranlle o aviso para acercarse cando sexa seguro.

Exemplo de actuación

Xestos a utilizar en actuación con helicóptero

Uso de Luvas e Lavado das Mans
- Hai que realizar a hixiene das mans antes de tocar ó paciente ou de realizar unha tarefa aséptica.
- Despois de entrar en contacto co enfermo, o seu entorno ou con materia/líquidos corporais.
- Non é necesario usar luvas se imos realizar unha técnica que non implique un intercambio de material contaminado (toma de TA, ECG, auscultación, exploración bimanual…).
- O uso de luvas NUNCA exime da hixiene das mans.
- Sempre que estas estén manchadas debemos lavarnos as mans e poñer unhas limpas.
- Se non podemos lavar as mans, empregaremos solucións hidroalcohólicas.
