Convalidacións
Cando falamos de Acreditación de Competencias adquiridas por Experiencia Laboral, referímonos a uns procedementos que existen prácticamente en todos os países desenvolvidos, coa finalidade de recoñecer oficialmente as competencias que as personas puideron adquirir ó longo a súa vida a través da súa experiencia laboral ou por medio de vías non formais de ensinanza.
Trátase, por tanto, de actuacións educativas consistentes en avaliar ós solicitantes para comprobar se aportan evidencias suficientes sobre as competencias dunha determinada cualificación (no noso caso das cualificacións de Transporte Sanitario e/ou Asistencia a múltiples vítimas e catástrofes), cuxo sistema de acreditación foi previamente regulado mediante a correspondente norma legal.
En España isto xa é posíbel dende o ano 2002 porque o permite a Ley Orgánica 5/2002, de 9 de junio de los Cualificaciones y de la Formación Profesional.
Ademais trátase dun sistema de acreditación que se foi xeneralizando en todo o territorio español, xestionado polas diferentes CCAA (Comunidades Autónomas), a partir da publicación no 2009 do Real Decreto J224/2009, de 17 de julio, de reconocimiento de competencias profesionales adquiridas por experiencia laboral.
Requisitos e fases do Procedemento en España
(Pinchar sobre a imaxe para agrandar)
O procedemento de avaliación e acreditacón da competencia componse de tres fases, asesoramento, avaliación e acreditación, tendo esta últiam utilidade para a obtención dun certificado de profesionalidade ou un título de Formación Profesional a través das acreditacións parciais acumulables das súas unidades de competencia.
Módulos Profesionais currículo do titulo de TES
Orde de 7 de Xulio de 2009, pola que se desenvolve o currículo correspondente ao título de Técnico en Emerxencias Sanitarias.
(Pinchar sobre a imaxe para agrandar)
En vermello aparecen aqueles móculos que non poden obterse a través do proceso de Acreditación de Competencias.
FCT aínda que apareza en vermello si se pode.
Unha vez acreditados todos os módulso que son acreditables, será preciso realizar por vía educación, é dicir, matricularse nos centros oficiais de FP onde se imparta o ciclo de TES e cursar esas asignaturas cumplindo cos requisitos de acceso para así obter o FP de TES.
Para a convalidación de FOL:
FOL de LOE > convalidación directa
FOL de LOGXE > Curso básico de PRL.
Sen FOL pódese convalidar unha parte da asignatura.
Casos singulares
Módulo de formación e orientación laboral (FOL)
1.- As persoas que tivesen superado o módulo profesional de formación e orientación laboral en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validado o devandito módulo en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.
2.- O módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, poderá ser obxecto de validación sempre que se acredite ter superado o módulo profesional de formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva de acordo co disposto na normativa vixente (Real decreto 39/1997).
Módulo de empresa e iniciativa emprendedora (EIE)
1.- As persoas que tivesen superado o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validado o devandito módulo en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.
2.- Polo anterior, o módulo de empresa e iniciativa emprendedora que resulte validable con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderá ser validable en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.
Módulos co mesmo código
1.- A cualificación obtida nun módulo profesional superado, pertencente a calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, trasladarase a calquera dos ciclos formativos en que este estea incluído co mesmo código. Nestes casos non será unha validación.
2.- Polo anterior, os módulos co mesmo código, pertencentes a diferentes títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, que resultasen validables con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderán ser validables en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Sacado de: http://www.edu.xunta.es/fp/validacion-modulos-profesionais-casos-singulares

