Certificado de Profesionalidade
Publicada a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (Válido únicamente para SERVIZO NON URXENTE)
Prazas convocadas na cualifiación profesional de Transporte Sanitario (SAN025_2):
200 Plazas.
Prazos de inscrición no procedemento:
Dende o 15 de Febreiro ó 15 de Marzo de 2015 (ambos incluídos).
Requisitos de participación no procedemento:
1) As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; ser residente comunitario ou familiar deste, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
- No caso da experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos tres anos, con un mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
- No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. En aqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestos.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita. Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
2) As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os podan xustificar mediante os documentos sinalados na base 6 de esta resolución, poderán solicitar a sua inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación. A Dirección Xeral de Emprego e Formación estudará estes casos e decidirá sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento.
Documentación a presentar:
Fotocopia do DNI ou NIE.
Historial persoal e/ou formativo de acordo co modelo de CV europeo.
Solicitantes que acrediten experiencia laboral:
- Para persoal asalariado: Vida laboral, fotocopia cotexada do contrato de traballo e certificado de labores desenvolvidas.
- Para persoal voluntario: Certificación da organización onde se prestase servicio (incluíndo funcións desenvolvidas, ano de servizo e horas prestadas).
Solicitantes que acrediten formación non formal:
- Fotocopia cotexada da documentación acreditativa da formación relacionada coas unidades de competencia que se pretendan acreditar incluíndo os contidos, as horas de formación, a entidade que expide o certificado e o título da actividade formativa.
Presentación da solicitude:
Deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia se se dispón de DNI electrónico ou certificado dixital.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando un formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Utilidade do Certificado de Profesionalidade para os TTS/TES
Só será ÚTIL para o persoal do servizo NON URXENTE como así indica o RD 836/2012 do 25 maio.
"Real Decreto 836/2012, de 25 de mayo, por el que se establecen las
características técnicas, el equipamiento sanitario y la dotación de personal de los vehículos de transporte sanitario por carretera.
Artículo 4. Dotación de persoal.
1. Dotación mínima dos vehículos:
Os vehículos destinados á prestación dos servizos de transporte sanitario deberán contar durante a súa realización coa seguinte dotación de persoal:
a) As ambulancias non asistenciais de clases A1 y A2, deberán contar, polo menos, cun conductor que ostente, como mínimo, o certificado de profesionalidade de transporte sanitario previsto no Real Decreto 710/2011, de 20 de maio e, cando o tipo de servizo o requira, outro en funcións de axudante coa mesma cualificación.
b) As ambulancias asistenciais da clase B, deberán contar, polo menos, cun conductor que estea en posesión do título de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias, previsto no Real Decreto 1397/2007, de 29 de outubro, ou correspondente título estranxeiro homologado ou recoñecido e outro en funcións de
axudante que ostente, como mínimo, a mesma titulación.
c) As ambulancias asistenciais de clase C, deberán contar, polo menos, cun conductor que estea en posesión do título de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias antes citado ou correspondente título estranxeiro homologado ou recoñecido, cun enfermeiro que ostente o título universitario de diplomado en enfermeiría ou título de Grao que habilite para o exercicio da profesión regulada de enfermeiría, ou correspondente título estranxeiro homologado ou recoñecido. Así mesmo, cando a asistencia a prestar o requira deberá contar cun médico que estea en posesión do título universitario de Licenciado en Medicina ou título de Grao que habilite para o exercicio da profesión regulada de médico, ou correspondente título estranxeiro homologado ou recoñecido."